EU QUE SON PAPEL
Eu que son papel,
coma tal preciso tinta
que me ensucie, que me rompa
dependencia que me mata,
o cilindro que a expulsa,
que de vinte en vinte se atopa
nunha caixa, introducida,
que asemella a minha lápida.
Eu que son papel
e con tanta dependencia mala,
cos pulmón, entitados
dos cilindros que me matan.
dependencia, dependencia
no papel ,introducida,
unha droga "enriquecida"
coa cara oculta da ciencia.
E tras succiona-la tinta
o papel, queda ensuciado...
eses efectos malvados
que a min, papel, irritan.
--------------------------------------------------------------------------------------------
POR QUÉ?
-Por qué?
-Poqué non teño tempo
-Por qué?
- Porqué xa non me concentro
-Por qué?
-Porqué xa é moita avaricia
-Pero...por qué?
-Porqué é unha inxustiza
-Por qué?
-Porqué é imposible sabelo
-Por qué?
-Porqué non son quen de telo
-Por qué?
-Porqué xa nin deus existe
-Pero...o qué?
-A sabidoría coa que naciches.
-------------------------------------José Manuel Ruan López-------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario